Transformando o medo en curiosidade

“Be fearless in the pursuit of what sets your soul on fire”

Un mes. Pasou un mes desde que souben que a miña vida non seguiría o camiño esperado. Parece onte o día no que saín do instituto morta de nervios, entrei no coche e me dixeron: “Noraboa Cris, marchas a Estados Unidos, sabía que o conseguirías”.

Para ser sincera, a miña reacción foi moi distinta do que me esperaba: nin chorei, nin rin, nin berrei, nin me puxen histérica; quedeime ahí, desconcertada, sin saber moi ben nin que dicir nin que facer, sin ser consciente de onde me estaba metendo, e un mes despois sigo sen ser consciente de nada.

Durante este tempo pasei por moitas fases: medo, euforia, morriña incluso antes de marchar e sentimentos dos cales descoñezo o nome, pero SEMPRE ca ilusión ao máximo.

Os primeiros días vivía rodeada de whatsapps de noraboa, abrazos e os mesmos “Cando marchas?”, “Xa sabes a que parte vas?”, “Uf, e non che da medo? Mira que é moito tempo” que todos che repiten.

E, agora mesmo, non sei nin como me sinto, a euforia dos primeiros días xa pasou, e agora é turno do medo, ese medo inevitable ao descoñecido, ese medo a ser unha nena nun país enorme ao outro lado do océano, no que se fala outro idioma e no que faltan todos aqueles aos que quero. Pero, precisamente, ese era o meu obxectivo, o motivo polo cal me presentei o 21 de Novembro en Santiago a aquel primeiro exame.

Agora só podo pensar nestes meses cheos de últimas veces, nos que as cousas máis simples multiplicaron o seu valor, cheos de dúbidas, pero feliz, feliz e orgullosa de ter chegado ata aquí, de ver que teño xente ao meu lado durante  toda esta aventura, desde aqueles que che prometen axudarche sempre ata eses que che falan de USA como se fose High School Musical, pasando por aqueles recén chegados que xa sinto como a miña familia, aqueles que están na mesma situación ca min: axudándonos en todo, falando de quaterbacks e liandoa no grupo de España.

Con isto quero dicir que TODO ten os seus pros e os seus contras, que haberá momentos xeniales e outros nos que non me sinta tan ben. E a ilusión que sinto é maior ca todos os medos e todas as inseguridades, as ganas de explorar, de descubrir lugares novos, xente nova e celebracións novas, nunha vida completamente nova.

Que todo este medo está sendo sustituído por curiosidade, polo afán aventureiro, polas ganas de vivir novas experiencias.

I feel blessed.

Comenta algo!